jueves, 17 de febrero de 2011

Visita de V Televisión



Hoxe visitounos a productora Alén Films e gravounos para un programa no canal V televisión. Sairemos a partir do 20 de marzo sobre as 19:30-20:00 nun programa infantil que se chamará "Máis que contos" no que intervirán magos, títeres, contacontos, e nenos e nenas coma nós contando chistes e facendo xogos de pistas.
Pasaron case toda a mañá con nós, e disfrutamos moito con eles. Para todos foi unha experiencia incrible. Estamos desexando que comece o espectáculo.

No hay comentarios: