miércoles, 29 de octubre de 2008

LOITA OLÍMPICA


O luns 27 de outubro , viñeron ó colexio dous técnicos da FEDERACIÓN DE LOITA OLÍMPICA para unhas sesións de mostra cos rapaces e rapazas de 3º a 6º para que coñezan como é este deporte. O éxito foi grandísimo!!!!.

Grazas ó profe Gustavo por convidalos.!!

miércoles, 22 de octubre de 2008

CANCIÓN "SAMBA LELÉ"

Esta é unha das cancións que escoitachedes no conto " O RODABALLO CON BOTAS"


SAMBA LELÊ



Samba Lelê está doente
Está coa cabeça quebrada
- Samba Lelê precisaba
e deuma boa lambrada
Samba, samba, samba ó Lelê
Pisa na barra da saia, o Lelê!

O RODABALLO CON BOTAS

O mércores 22 de outubro os alumnos/as de 4º, 5º e 6º foron o Teatro Caixanova de Vigo, para escoitar o conto musical "O rodaballo con botas": adaptación do conto de Charles Perrault, "O gato con botas" e interpretado polo conxunto vocal Campus Stellae.

Noticia: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion_activ.php?lang=cas

Canción: "O rodaballo"




Canción: "O voso galo comadre"



Conto: (Texto: Martín Viaño, traduccións: Alba Blanco) Adaptación.
O Rodaballo con Botas:
Era asi desta volta un afíador de Coristanco que deixou, como única herdanza aos seus tres fillos anles de morrer, unha valiosa pedra de afiar, unha frauta de pan homologada polo colexio oficial de afiadores de Coristanco amáis dunha particular e húmida mascota, un auténtico e xenuino rodaballo de piscifactoría. O reparto foi beri simple: non se precisou chamar nin a avogados nin a notarios pois terian consumido todo o pobre patrimonio do afíador.
O fillo maior recibiu a pedra de afiar, o segundo quedou coa frauta e ao pequeño tocoulle o famoso rodaballo,
Este laiábase da súa misera herdanza:
-Os meus irmáns -dicía- poderán gañar a vida convenientemente traballando xuntos; pero que vou facer eu!, despois de comer o rodaballo nunha boa parrillada de peixe e de botarlle as sobras as galiñas, morrerei de fame.
O rodaballo, que escoitaba estas verbas, facéndose o tolo, díxolle cun ton serio e pausado:
-Non debedes apenarvos, meu Señor, non tendes máis que proporcionarme un saco e un par de botas para andar entre as toxeiras, e veredes que a vosa herdanza non é tan pobre como pensades.
Aínda que o dono do rodaballo non agardase ao respecto grandes esperanzas, tiñalle visto dar tantas mostras de axilidade para pescar luras, cocinar bogavantes ou navegar pola internet, que non desesperou de verse socorrido por el na súa miseria. Era un rodaballo ben particular, o único no mundo quen de sobrevivir fóra do seu medio natural.
Cando o rodaballo acadou o que tiña pedido, calzou as botas, tirou o saco ao pescozo, amarrou as cerdas as aletas dorsais, e dirixiuse ao galifieiro dun vecino ;-, doce fogar dunha chea de galos impacientes por cacarexar con algunha moza ben espelida. Puxo fariña e graos de millo no saco e facéndose pasar por unha galiña. tendido no chan como se estivese morto, agardou a que algún pobre galo, pouco coñecedor aínda das astucias deste mundo, viñera meter o peteiro na bolsa para comer o que había dentro. Non ben se tiña deitado, cando se viu satisfeito. Mentres un aparvado galo se metía no saco, o mestre rodaballo, tirando das cordas, encerrouno sen misericordia mentres cantaba,
Moi orgulloso coa súa presa, marchou onda o Rei Portugués e pediu falar con el. Chamábanlle así porque casara cunha fermosa campesina do Portugal que coñecera nunha das súas múltiples viaxes ao país vecino. Por desgraza. a súa dona finara había tres anos por unha fatal indixestión despois de ganar un concurso gastronómico. A pobre foi quen de comer 40 sardiñas en so tres horas... O rodaballo non soportaba as sardinas. Fixérono subir aos apousentos da Súa Maxestade onde, ao entrar, facendo unha grande reverencia ante o rei, cantaba algo como isto...
O rodaballo sabia que aquel pequeño aloumiño musical aledaría enormemente ao Rei portugués, era a peza preferida da súa defunta muller.
-Tome aquí, Maxestade, un galo de curral que o señor Marqués de Samarugo (era o nome que inventou para o seu dono) me encargou para agasallalo da súa parle.
-Dille ao teu dono -respondeu o Rei- que lle estou moi agradecido por tan magnífico presente. Noutra ocasión, escondeuse entre o millo dunha leira, e deixou o seu saco aberlo; cando nel entraron dúas perdices, tirou das cordas fortemente para cázalas ben cazadas. Foi de seguido a ofrendarllas ao Rei, tal e como fixera co galo de curral. O Rei recibiu lamen con agrado as dúas perdices, e ordenou que lle desen de beber.
O rodaballo seguiu, durante dous ou tres meses, levando produtos de caza ao Rei, presuntamente ofrecidos polo seu dono. Un dia soubo que o Reiiría a pasear as ribeiras do río coa súa filla, a máis fermosa princesa xamais coñecida no mundo, e díxolle ao seu dono:
-Se queredes seguir o meu consello, a vosa fortuna está feita: non teredes máis que bañarvos naquel sitio do río que vos mostrarei, e de seguido eu farei o resto.
O Marqués de Samarugo fixo o que o rodaballo lle aconsellou. .¡ sen saber de que serviría. Mentres se estaba bañando, o Rei pasaba por alí. e o rodaballo púxose a berrar con todas as súas forzas:
-¡Socorro, socorro! ¡O señor Marqués de Samarugo está afogando!
Ao oír o berro, o Rei, sacando a cabeza pola portiña da carroza real, recoñeceu o rodaballo que tantas veces lie tina levado caza e ordenou aos seus gardas que acudirán rápidamente a socorrer ao Marqués de Samarugo. En tanto que sacaban do río ao pobre Marqués, o rodaballo -acercándose á carroza- dixolle ao Rei; que mentres o seu dono se estaba bañando, un can da marola levara as súas roupas malia berrar "¡ao ladrón!" con todas as súas fbrzas. O picaro do rodaballo escondéraas debaixo dunha enorme pedra.
O Rei recoñeceu avergoñado que había uns días que lle rescindira o contrato a un dos seus cans gardiáns alegando faltas graves de orde e lealdade á Coroa, pero nas revistas do corazón foi portada incontables veces polos seus romances. as súas festas e o seu inconfesable amor pola Xenebra. Agora estábaselle a atribuir inxustamente un delito que non cometera.
O Rei ordenou de inmediato aos encargados do seu gardarroupa que fosen na busca das máis bonitas vestiduras para o señor Marqués de Samarugo . O Rei fixolle mil atencións, e como o fermoso traxe que lle acababan de dar realzaba a súa figura -xa que era aposto e ben formado- a filla do Rei atopouno moi do seu agrado: bastón que o Marqués de Samarugo lle dedicara dúas ou tres miradas tan respectuosas como tenras e cariñosas ao mesmo lempo, para que ela ficara tolamente namorada.
O Rei quixo que subirá á súa carroza e o acompañara no paseo. O rodaballo, encantado ao ver que o seu proxecto empezaba a resultar, adiantouse, e atopou a uns campesinos que plantaban patacas nunhas térras; díxolles:
-Bos campesinos, se non lle dicides ao Rei que as patacas que estades botando son do Marques de Samarugo, andareivos nas orellas até que vos cheguen aos pés.
Por certo que o Rei preguntou aos campesinos de quen eran esas patacas que estaban botando.
- Son do señor Marqués de Samarugo -dixeron a unha soa voz, posto que estaban asustados pola ameaza do rodaballo.
-Tendes aquí unha fermosa herdanza -díxo o Rei ao Marqués de Samarugo.
-Veredes, Maxestade, é unha térra que non deixa de producir con abundancia cada ano.
O mestre rodaballo, que ía sempre diante, atopou a outros campesinos colleitando e díxolles:
-Boa xente que estades colleitando, se non decides que todos estes campos pertencen ao Marqués de Samarugo, andareivos nas orellas até que vos cheguen aos pés..
O Rei, que pasaba momentos despois, quixo saber a quen pertencían os campos que estaba vendo.
-Son do señor Marqués de Samarugo, contestaron os campesinos, e o Rei novamente se aledou co Marqués.
O rodaballo, que ía diante da carroza, dicía sempre o mesmo a todos cantos atopaba polo camino; e o Rei estaba moi asombrado coas riquezas do señor Marqués de Samarugo.
O mestre rodaballo chegou finalmente até un maxestoso castelo. O seu dono era un Congro da ría de Corcubión, o máis rico que endexamais se tina visto, pois todas as térras por onde pasaran eran dependentes deste castelo.





O rodaballo, que tivo a precaución de informarse acerca de quen era este congro e do que sabía facer, pediu falar con el, dicindo que non quixera pasar tan preto do seu castelo sen ter a honra de facerlle unha reverencia. O congro recibiuno na forma máis cortés que pode facelo un congro de ría e convidouno a descansar.
-Téñenme asegurado -dixo o rodaballo- que tiñades a capacidade de convertervos en calquera clase de animal; que podiades, por exemplo, transformar vos nun porco ou nun xabaril .
-É certo -responden o congro con brusquidade- e para demostralo veredes como me conveno nun atractivo porco vietnamita.
O rodaballo quedou lan abraiado ao ver un porco diante del que deu un chimpo e subiu a unha cadeira feita con madeira de carballo do século XVIII, a preferida do congro. non sen pena nin risco por mor das botas que nada axudaban para saltar.
Algún tempo despois, vendo que o congro recuperara a súa forma orixinal, o rodaballo baixou da cadeira e confesou que nunca antes pasara tanto medo.
-Ademáis tamén me teñen asegurado -dixo o rodaballo- aínda que me resulta difícil de crer, que vos tamén tedes o poder de adquirir a forma da máis pequeña criatura do mundo animal; por exemplo, que podedes convertervos nun verme, nunha araña ou nun piollo; confésovos que iso me parece imposible.
-¿Imposible? -replicou o congro- xa veredes; teño un coñecido grilo veneciano que se dedicaba a cortexar as máis fermosas princesas dos reinos do norte de Italia, chamábase Don Giovanni... e ao mesmo tempo transformouse nun grilo que se puxo a cantar e a dar brincos por todo o chan do Gran Salón.
Nada máis velo, o rodaballo botouse enriba del, esmagouno co seu espallado corpo e papouno sen dificullade algunlia.
Namentres, o Reí, que ao pasar por ali viu o fermoso castelo do congro, quixo entrar. O rodaballo, ao escollar o ruido da carruaxe que atravesaba a ponte levadiza, correu diante e díxolle ao Rei:
-Vosa Maxestade sexa benvida ao castelo do señor Marqués de Samarugo.
Como, señor Marqués -exclamou o rei- este castelo tamén vos pertence! Nada hai máis maxestoso que este patio e todos estes edificios que o rodean; vexamos o interior, por favor.
O Marqués ofreceu a man á Princesa, e seguindo ao Rei -que ¡a prímeiro- entraron nunha sala onde atoparon un magnífico banquete que o congro mandara preparar para as súas amigas a lamprea e a anguía que virian a velo ese mesmo día, pero non se atreverán a entrar, ao saber que o Rei estaba alí.
O Rei, encantado coa boa dote do señor Marqués de Samarugo, ao igual que a súa filla, que xa estaba tola de amor vendo os valiosos bens que posuía, díxolle, despois de ter bebido media botella de vino:
-So dependerá de vos, señor Marqués, que sexades o meu xenro.
O Marqués, facendo grandes reverencias, aceptou a honra que lle facía o Rei; e ese mesmo día casou coa Princesa . Foi unha voda ben particular. O máis emotivo: o baile dos noivos ao compás do meneo de Vigo.
O rodaballo converteuse nun renomeado Señor Rodaballo, e xa non volvería a correr o risco de acabar nos fogóns dunha cocina feilo ao forno con fungos e allo confitado.