miércoles, 10 de diciembre de 2008

O NADAL

Aqui vos vai un enlace da Xunta con material de Nadal: historia, panxoliñas, tradicións, teatro, manualidades,...

http://centros.edu.xunta.es/contidos/portal/nadal/nadal.htm

no apartado de ligazóns aparecen outros bos enlaces:

http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/nadal/ligazons.htm

miércoles, 3 de diciembre de 2008

XOGOS

XOGOS:

Minixogos
Descubre esta cara Para os máis pequenos
Colócao Le e segue as indicacións.
Ao revés Le e coloca as frases do dereito.
Vogais Engade as vogais que faltan para completar nomes de animais.
Descubre o coidador Segue as pistas e descubre quen coida cada animal.
Operacións cruzadas Resolve as operacións.
Xoga coa taboa Gaña quen consiga 4 en liña.
Xogo das sumas Gaña o que consiga 4 en liña.
Carreiras de cabaliños de mar
Xogo das decenas Tirar o dado e ir sumando as decenas e as unidades.
Tangram
Formas Constrúe con formas.
Debuxa simetrías
Debuxa igual
Simetrías Xoga coas simetrías
Le a apunta
Laberinto de letras
Laberinto de frases
Caza letras
Caza sílabas
Descubrir frases
Flashgames
Pequexogos
Dinosaurio
Chicos
Xogos 1
Xogos 2
Xogos 3
Xogos 4 Batallas, deportes, clásicos, inxwnios,...
Internenes
Supersaber
Xoga co moucho
Puzzles Puzzles de diferentes dificultades

EDUCACIÓN FÍSICA

XOGOS:

COOPERATIVOS E PARA A PAZ
- La peonza

ALTERNATIVOS
- Argentinos

FICHEIROS
- Varios
- Xogos escolares
- Xogos do mundo
- Xogos do mundo II

ACTIVIDADES INFANTIL 2

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUES 2

Sésamo
Contos en Pictogramas
Construción Constrúe coas formas dadas.
Bits de intelixencia para 3 anos Con imaxes, números, palabras e inglés.
Manexo de rato
Manexo rato 4 anos
Practica co rato Crebacabezas, colorea e xoga co rato.
Xogos educativos Moitos xogo, debuxar números e letras, 7 contos.
A vaca Conie Xogos, contar, aprende cos pais.
As cores Colocar cores dentro de caixas.
A orixe dos vedoques Sumar, tamaños, sílabas, series e formas.
Xoga con vedoque Obxectos, letras, sílabas, frases, ordena, a nave das sílabas,...
Infantil 3 anos 1º trimestre Busca a sombra, o intruso, completa a cara, pinta, familia de animais,...
Infantil 3 anos 2º trimestre De 2 en 2, búscame, vou en coche, elixe ben, formas máxicas, escoita e pesca.
Infantil 3 anos 3º trimestre Sons de animais, diferenzas, formas agachadas, colar de series, números 1, 2. 3
Infantil 4 anos 1º trimestre
Infantil 4 anos 2º trimestre
Infantil 4 anos 3º trimestre
O xogo dos contos Brancaneves, os tres porquiños, actividades.
Contacontos A princesa do bosque encantado.
Colorear
Conta ata 5
Zona infantil: aprender Aprendo os números, letras, cores, formas.
Zoo das letras Aprendo lectoescritura con contos por letras.
Illas e estrelas Discriminación auditiva e visual de vogais e consoantes.
Vocabulario Para nenos de 3 anos
A formiga Axúdalle a levar a comida.
Educación vial
Xogos infantís
Primeira escola
A gardería
Chicomanía
Os dereitos dos nenos

ACTIVIDADES INFANTIL 1

ACTIVIDADES PARA LOS MÁS PEQUES


Os amigos de Winky
Letras animadas
Letras
O meu mundo en palabras Para aprender palabras de xeito lúdico.
Conta ata 5
Conta animais Os primeiros números
Conta sombras Números ata o 9
De 0 a 9 Escribe con número e letra
Conta peixes Conta peixes dende o submarino
Manexo do rato Para aprender a mover a man.
Crear contos Crea contos con animais
Crear contos II Crea contos e incorpora números para traballar cantidades.
A lebre e a tartaruga Animación da fábula da lebre e a tartaruga.
San Jordi Animación para crear contos con dragóns, cabaleiros, princesas,...
Letras, palabras Maiúsculas, minúsculas, figuras, xogos, cores, números,...
Aprendo as letras Aprendo as letras xogando.
O mundo de Fantasmín Para familiarizarse coas tecnoloxías e aprender.
A vaca Paca
Mil contos
Pequenet
Sabemos cousas
Pequelandia
Disney princesas
Disney Diversión
Debuxar, colorear
Zona de xogos

INGLÉS

ACTIVIDADES DE INGLÉS


MadEnglishouse


Games
Tweenies. Divírtete e aprende cos tweenies!
Disney Playhouse Páxina de Disney con xogos e manualidades
Kidstime. Montón de xogos divertidos
Psbkids Repasa o vocabulario cos amigos de barrio sesamo, aprende con Barney e outros
Games Actividades, xogos, puzzles
Angelina Ballerina Xogos, posters, colorear...
Spot
Learn
Agendaweb Un lugar onde podemos repasar todo o aprendido no cole.
El rebumbio O teu punto de encontro para aprender inglés
Madrid Teachers. Actividades faciliñas para repasar o que aprendes no cole.
Inglés Mundial Aprende inglés, dividida en niveis.
English language Xogos para repasar vocabulario e moito máis.
Aula de inglés Para aprender e repasar
Kids on the net Páxina onde podes ensinar as túas creacións literarias.
Frisbee. Moitas páxinas dentro dunha soa páxina. Navega e descúbreas!
Diccionarios. Varios dicionarios tan a man que só terás que facer click!
Wordmania. Trivial, aforcado, crebacabezas...

MÚSICAS PARA A PAZ

Músicas para o día da Paz o 30 de xaneiro

Quítame este velo - Amistades Peligrosas
Aquarela - Toquinho
Por qué no ser amigos? - Hombres G
Color esperanza - Diego Torres
Abriendo caminos - Diego Torres
Verdad que sería estupendo - Cómplices (os dous vídeos están moi ben)
Sueño libertad - Juanes
Las manos del mundo - Andy y Lucas
Qué pasa? Juanes
LLuvia de amor - Eurojunior
Podemos ser amigos - Eurojunior
Yo te nombro libertad - Nacha Guevara
Sueña - Luis Miguel
A forza desta vida

MAPAS INTERACTIVOS

Mapas de todo el mundo para completar


http://www.xtec.es/~ealonso/flash/mapasflash.htm

MATEMÁTICAS 2

Términos matemáticos Repasar os términos mantématicos de primaria.
Cadrados máxicos Complétaos e obterás sempre o mesmo resultado.
Cálculo e problemas Operacións sinxelas: 300. Operacións combinadas: 300. Problemas: 300.
Relacionar números Moitos exercicios co sistema numérico.
Comparar números 3º de primaria
Redondear Redondear números de 4 e 5 cifras.
Numeración Sistema numérico. Nivel 1, 2, 3.
Ordenar cantidades Ordena de menor a maior.
Sumar, restar, táboas Atrapa os resultados.
Atrapa o correcto Sumar, táboas ( nivel 3º)
Sumar Sumas de nivel 1, 2, 3.
Restar Restas de nivel 0, 1, 2, 3.
Proba da resta
Proba da resta II Fai ben as contas e axuda a avanzar ao dragón.
Suma e resta de números naturais
¿Pregúntoche as táboas?
Táboas multiplicar Para estudar, practicar, comparar.
Multiplicar Multiplicar pola unidade seguida de ceros.
Multiplicar Nivel 1, 2, 3.
Multiplicar por unha cifra
Multiplicar por 2 cifras
Multiplicar por 3 cifras
Aprender a dividir Aprende ti mesmo a dividir.
Dividir Dividir cunha cifra no divisor con axuda da táboa.
Divisións Nivel 1, 2, 3
División Dividir con 2 cifras no divisor
Paréntese Operacións con paréntese.
Propiedade distributiva
Vídeo das fraccións
Debuxar fraccións
Representar fraccións Vendo os debuxos escribir a fracción.
Fraccións Facer exercicios con fraccións
Operacións con fraccións Afianzar o concepto. Reducir a común divisor. Operacións con fraccións.
Fracción decimal e número decimal
Números decimales Actividades con décimas, centésimas, milésimas.
Os decimais Explicacións dos decimais e operacións.
Descomposición dos números decimais
SUMA, RESTA, MULTIPLICACIÓN, DIVISIÓN CON DECIMAIS
O euro e os números decimais Comprar con euros.
Suma e resta con decimais
Matemáticas de 5º,6º Todo o temario destes cursos en internet.
As potencias Introdución ás potencias
Potencias e raíz cadrada
Raíz cadrada de números menores que 100
Resolve raíces cadradas
Números enteros
Horas dixitais Escribe a hora no reloxio dixital.
Triángulos Descúbreos, clasificacións.
Contas con sorpresa Acerta o resultado antes de pasar os avións.
Actividades de mates. Medida, xeometría, probabilidade, aritmética con regletas,
Magnitudes De lonxitude, capacidade, masa, superficie, volumen, problemas,
Capacidade Exercicios coas medidas de capacidade.
Masa Exercicios coas medidas de masa.
Xeometría triángulo Animacións sobre triángulos, liñas notables e teoremas,
Xeometría Triángulos, cuadriláteros, polígonos, circunferencias. Puzzles.
Problemas De sumar, restar, multiplicar, dividir con axuda da calculadora.
Problemas sinxelos Series de 30 problemas.
Problemas II Problemas para usar o coco.
Pequenos problemas Problemas de sumar ou de multiplicar
Un montón de problemas Problemas variados.

MATEMÁTICAS 1

Thatquiz Web de matemáticas que crea centos de exercicios. Elixe a dificultade que queiras.
Usa o coco Moi boa. series, razonamento, problemas, cálculo, competir por equipos, cadrados máxicos, pirámides.
Números enteros. Números enteros positivos e negativos moi lúdico. A recta numérica.
Practica matemáticas. Tablas de sumar, restar e multiplicar. Practica estas tres operacións. Fraccións...
Actividades jclic 25 paquetes de mat. Números, sistema métrico decimal, sumar, restar, multiplicar, dividir, mat. de 3º, de 4º,...
Exercicios 100 exercicios de 3º de primaria
Conta e suma (1º ciclo)
Contar Contar debuxos iguais
Caderno de cálculo Fai as contas e comproba os resultados (1º ciclo)
Aprendendo a sumar (1º ciclo)
Salón de sumas (1º ciclo)
Restas Restar levando e sen levar (1º ciclo)
Fichas de cálculo Adquirir destreza en sumar, restar, multiplicar. Moitas series (1º ciclo)
Reloxio analóxico Aprendo as horas de xeito sinxelo (1º ciclo)
Sumar Encontra o boneco (1º, 2º)
Sumar II Atopa o termo que falta.
Calcula Busca o número que falta
Almacén de mates. TODO MAT. 5º e 6º. MAT. ON-LINE con fichas de cálculo. DESTACADOS. Aprender a sumar, restar, dividir.
Números ata 999 Sistema numérico (2º, 3º curso)
Números de tres cifras
Escondite matemático Se acertas o resultado encontras o boneco.
C D U Representar graficamente.

CLICK GALEGO

As sílabas Paquete con 154 actividades para traballar as sílabas trabadas. (1º ciclo)
Sílabas e acentuación
Os determinantes Artigos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos.
Tipos de oracións Oracións afirmativas, interrogativas, exclamativas.
Tipos de palabras Substantivos, adxectivos, determinantes.
Silabiñas Formar palabras coas sílabas dadas. Separo sílabas.
As prendas de vestir Léxico da roupa para infantil e 1º ciclo.
Adiviñas
Castelanismos

LINGUA GALEGA 2

Portal da Xunta Portal moi amplo. En TEMÁTICOS tés contidos educativos por materias.
Ortografía do galego Normas ortográficas e morfolóxicas do 2003
Galicia encantada Encilopedia da fantasía popular galega. Mitos, lendas, ritos, contos, fauna, flora,..
Galicia espallada Cultura (crenzas, festas,lendas,oficios), literatura, historia, gastronomía,...
Contos, lendas e cancións 53 contos, cantigas, 14 cancións populares, 17 lendas,...
Contos solidarios Máis de 30 contos.
Concello de Vigo
O galego nas novas tecnoloxías ferramentas lingüísticas: correctores, tradutores, dicionario, vocabulario,...
Biblioteca virtual galega Catálogo de obras e autores. Hai biografías e textos on-line.
BLIX Biblioteca de literatura infantil e xuvenil.
Gramática e ortografía Gramática galega moi detallada. Ortografía b, v, h, x,...
Dicionario galego Dicionario moi completo.Traduce ao portugués, castelán, inglés.
Dicionario Real Academia galega
Dicionario lingua galega VOLGA
Vocabulario, ortografía, gramática En CONTIDOS: dúbidas léxicas, gramática, ortografía,...
Contos de Mila Oya Entra na porta que pon galego. Lecturas e xogos.
Enciclopedia interactiva Etnonet 12 niveis de 10 preguntas cada un.

LINGUA GALEGA 1

Flora e fauna de Galicia Coñecer os seres vivos de Galicia: peixes, mamíferos, aves, réptiles, anfibios, insectos, árbores, plantas,...
A cultura galega O idioma, etnografía, cociña, historia, tradicións, oficios, música, nomes galegos,...
Orella pendellla Ditos, recitados, cancións, xogos, trabalinguas, disparates,...
Autor letras galegas ANO 2009: RAMÓN PIÑEIRO.
Día das letras galegas Autores homenaxeados
Espazos naturais protexidos de Galicia
Aves de Galicia Aves en perigo de extinción. Enlaces de aves en Galicia, en España
Historias de Ismail Historias por nenos. Contos do mundo.
O rato Paco Actividades do corpo humano, animais e prantas, a terra, o inverno (1º ciclo),...
Teatro Obras de teatro feitas nos colexios. Enlaces.
Galipedia É a dia wikipedia en galego
Trivialingua Trivial con 100 preguntas
Aforcado Xogo divertido para acertar unha palabra
Preguntoiro Test atractivo con moitas preguntas. Pódese xogar en solitario ou acompañado.
Vídeos O galego en YOU TUBE
GALICIA Símbolos, historia, economía, xeografía, natureza, clima,..
BALEA VARADA Lenda de balea vara e outros contos

CLICK LENGUA CASTELLANA

O acento Para aprender a acentuar as palabras.
Agudas, llanas, esdrújulas. Exercicios sinxelos para traballlar o acento (2º, 3º ciclo)
Ortografía 4º Verbos en -bir, -vir, -ger, -gir. Palabras con bus-, bur-, bu-.
Sílabas e acentos. Sílaba tónica e átona. Ditongo, hiato, acentos. (2º,3º ciclo)
Lengua 4º de primaria Traballa 6 unidades. Orde alfabética. Homófonas. Terminacións -z, -d,..
Lengua 3º ciclo de primaria Traballa comprensión lectora, ortografía, clases de palabras, verbos,...
Palabras, sílabas e acentuación Separar sílabas, acentuar, ditongo, hiato, tilde diacrítica,...
Ortografía. Regras básicas de ortografía da Lingua Castelá.
Ortografía interactiva de maiúsculas.
Lectoescritura Letras, sílabas, ordeno sílabas, ordeno palabras (1º ciclo)
Lectoescritura II Letras, sílabas, frases, ordenar (1º ciclo)
Lectoescritura III
Comprensión lectora (1º ciclo)
Coñecer palabras (1º ciclo)
Ales 2 Linguaxe escrita, memoria, lectura,... (1ºciclo)
Forma palabras Atrapa as sílabas por orde. (1º ciclo)
Axuda á lectoescritura Para reforzar ortografía, vocabulario, escritura, lectura.
Ortografía M Antes de -p e -b m.
Ortografía interactiva M, N
Ortografía R, RR
Ortografía interactiva R, RR
Ortografía B , V
Ortografía interactiva B, V
Carreira B,V
Homófonas B, V ¿Gañarás a carreira?
Ortografía do G, GÜ, J
Ortografía interactiva G, J
Ortografía -D Terminan en -d as palabras que fan o plural en -des.
Ortografía C, Z, Q, K
Ortografía interactiva C, Z
Palabras con G, J
Ortografía do H
Ortografía interactiva con H
Ortografía LL, Y
Ortografía interactiva LL, Y
Ortografía X
Ortografía interactiva S, X
Ortografía interactiva con todas as letras.
Ortografía interactiva dos acentos.
Ortografía (2º, 3º ciclo) Coas letras S, M, N, B, H,...
Ditado Colocarlle tilde ás palabras.
Palabras compostas A partires dunha palabra simple formar a composta
Os verbos Pon o verbo no tempo correcto
Polisemia
Palabras polisémicas Atopa o significado de cada palabra.
Sinónimos relacionar sinónimos.
Sinonimos II
Sinónimos III
Prefixos e sufixos
Antónimos Relacionar antónimos.
Acentuacín con don Quixote
Clases de palabras segundo o acento O profesor explica os tipos de palabras que hay.
Agudas, llanas, esdrúxulas Averigua cómo é cada palabra segundo o golpe de voz.
Actividades xerales Lingua Castelá de Primaria. Ditados, trabalinguas, adiviñas...
Orde alfabético
Substantivos (2º, 3º ciclo)
Oracións Traballa coas oracións.
Actividades Lingua de 5º
Actividades Lingua de 6º
Gusiletras. Ortografía de 2º ciclo
Artigos e determinantes Artigos e determinantes (demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais)
Animaletras. Recoñecemento do abecedario para 1º e 2º de primaria
Vocabulario de frutas. Para os máis cativos infantil , 1º e 2º. Vocabulario de frutas.
Silabitas. Destinado a nenos /as de 2º de primaria

LENGUA CASTELLANA

Ortografía Centos de exercicios para completar coa letra que falta
Reglas ortográficas
Normas e exercicios de ortografía Normas e exercicios para mellorar a ortografía.
Exercicios de ortografía Exercicios con cada letra.
Ortografía divertida ¿Ha ou a? ¿Tuvo ou tubo?
Ditados Escoitar e facer os ditados.
Ditados II Ditado de palabras acentuadas.
Abecedario
Ordena palabras Orde alfabética
Biografías
Pasatempos 4 niveis de dificultade en: adiviñas, encrucillados, xogos de lóxica, sopas, aforcado, relacionar,...
Resumo gramática española Substantivos, adxectivos, artículos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos, pronomes, adverbios...
Gramática Teoría gramatical do castelán.
Conxugador verbos Escríbese o infinitivo e sae a conxugación completa do verbo.
RAE Dicionario da Real Academia Española
Leo o que vexo Dicionario con imaxes (1º ciclo)
Dic. en español

PARA LEER

Poesías para nenos
Poemiñas Poesía da coeducación, paz, medo, outono, o Nadal, a Rafael Alberti, o pequeno Cid, o Quixote de nenos,...
Contos en pictogramas
Contos con debuxos
A carretilla Conto con debuxos.
A flor Conto con letra e debuxos.
O parrulo feo Conto con debuxos. (1º ciclo)
Fábulas Fábulas sinxelas (1º ciclo)
Contos da horta Contos para (1º ciclo)
Cancións letras de cancións para nenos coa música
Contos para nenos con humor O ovo azul, o caramelo, o pintor distraído,...
Tesouros do arco da vella
Adiviñas
Contos de sempre
Contos de Bhuhb
Páxina de Lourdes García Contos imaxinados, poesía, para colorear, poesía para nenos, fábulas sinxelas,..
Lectura interpeques 6 historias audiovisuais, lectura de sempre, a sabiduría da aguia,...
Índice de contos O home na lúa, a dona da montaña, o pequeno mago, unha historia de elfos,...
Almacén de lecturas Máis de 600 contos, audiocontos, contos en imaxes, en pictogramas, videocontos, videocancións.
Lecturas variadas Fábulas, adiviñas, mitos de Costa rica, Grecia, México, do Norte, de África.
Contos loucos e graciosos
Páxina dos nenos saudables Contos, números, letras, cancións,...
Biblioteca virtual Contos clásicos, contemporáneos, fábulas, poesía infantil.
Aventuras do Quixote
Contos e xogos
O cuarto escuro Conto interactivo. Escolle o camiño a seguir.
Contos dunha bruxa avoa.
Contilandia Contos e poesías.
Contos para nenos
Contos de todo tipo En inglés, clásicos, con sentencia, educativos, populares, curtos,...
Léeme un conto Nanas, contos para papis e avoas, fábulas, teatro, poemas, trabalinguas.
Carpeta máxica Lecturas recreativas, contos, cancións, poesía infantil.
Contos Contos infantís, contos Disney, clásicos, audio contos, ...
Contos de dragóns
Lecturas para nenos Adiviñas, chistes, cancións, contos, fábulas, xogos de palabras, trabalinguas, xogos.
Contos infantís clásicos De Hans Christian Andersen, dos irmáns Grimm, Charles Perrault, fábulas de Samaniego.
Refráns Ordenados alfabeticamente.
Poesía infantil Para cantar, cociñar, compoñer, contar, debuxar, divertirse, dramatizar, rir.
Fábulas de esopo 320 fábulas.
Contos da Fada Lúa De autores famosos, de fábulas, populares, por países, lendas, poemas.
Contos, poesías, lendas Adiviñas, biografías, contos, trabalinguas, poesías, lendas.
Trabalinguas Moitos trabalinguas.
Contos contos do mundo por orde alfabética.
Contacontos Contos, fábulas, adiviñas
Contos feitos por nenos Contos de nenos. Ti tamén podes participar.
Contos xaponeses 32 contos xaponeses antigos.
Poesías por autores En orde cronolóxica, alfabética, por séculos.
Contos de Mila Oya Contos en galego e mais en castelán.
Contos de Trusky Contos, xogos, debuxos.
O principiño
Gloria Fuertes
Contiños Na sala de lecturas hai: nanas, fábulas, contos clásicos, de nenos, de medo, poemas, colmos,...

COÑECEMENTO DO MEDIO 2

Animais vertebrados Información dos : mamíferos, aves, réptiles, anfibios, esponxas e tabeiróns. Viaxes virtuais polos países.
Animais vertebrados 2 Clasificación sinxela.
Vertebrados ibéricos Fichas dos vertebrados de España.
Animais invertebrados Clasificación sinxela.
Fauna ibérica Mamíferos, aves, anfibios, réptiles, peixes, crustáceos, insectos, arácnidos.
Os animais Clasificación, alimentación, lugares onde viven, desplazamentos, animais en perigo de extinción.
Records natureza Dos animais, plantas, xeolóxicos, fósiles viventes, costumes curiosos, os máis grandes,...
Paxaros de España Clasificación alfabética, por familias. Enlaces cos continentes.
Clases de plantas Árbores, arbustos, plantas herbáceas.
Aparatos corpo humano Dixestivo, circulatorio, respiratorio, reprodutor, locomotor, nervioso.
Corpo humano Aparato dixestivo, esqueleto, músculos, xinecoloxía, oftalmoloxía, aparato respiratorio.
O corazón Cómo é, saude, actividades.
Coñecemento do medio 2º ciclo. Transporte, corpo humano, paisaxe, seres vivos, paisaxes históricas,...
O clima Atmosfera, auga e nubes, factores, climas de España e do mundo, datos, diagramas.
Astronomía Aprende o sistema solar, cousas básicas, coñece as estrelas.
A terra O sistema solar, a terra: translación e rotación, a lúa, os climas, as estrelas.
Mapas dos continentes
A lúa Fases, eclipses, traxectoria arredor do sol, mareas,...
Clima, flora, fauna de España
Sistema solar Universo, constelacións, estrelas, galaxias, evolución, fotos.
Sistema solar básico Sistema solar, sol, planetas, asteroides, cometas, meteoritos.

COÑECEMENTO DO MEDIO 1

Coñecemento do medio O corpo humano humano, vexetais, ecosistema, animais, auga, atmosfera, clima, célula,...
Mapas interactivos España: relevo, ríos, costas, provincias, autonomías. Europa. Os continentes. Galicia.
Xeografía de España JCLIC Vocabulario, mapa político, relevo, climas, costa, ríos, poboación,...
Comunidades autónomas españolas JCLIC (Moita información) Comunidades coas provincias, himnos, bandeiras, fotos,...
Comunidades autónomas
Mapa interactivo de España Mapas físicos e político.
España e as súas comunidades JCLIC Para estudar comunidades, provincias, bandeiras,..
Xeografía de Galicia JCLIC Relevo, ríos, costas, poboación, cidades,...
O mundo vexetal As plantas: partes, clasificación, funcións.
Seres vivos Vertebrados, invertebrados, plantas. Os sentidos. Ósos, articulacións, músculos.
Árbores Animación moi sinxela.
Árbores 2 Formas, nutrición, reprodución.
O bosque Un paseo animado polo bosque. Tamén está en inglés.
Insectos Animación sinxela. Tamén en inglés.
Animais salvaxes Rabilongo, tigres, leóns, rinocerntes, lobos, osos,...
A auga Humidade, xeo, neve, ciclo da auga, chuvia,...
Astronomía para nenos Sistema solar, cometas, galaxias, naves espaciais,...
Unión europea. Os euros Informacións dos paises do euro.
O clima Estación mereolóxica, zonas climáticas, clima e paisaxe, a chuvia,...

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

APRENDE ALGO DE XEOGRAFÍA

http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/9/Usr/eltanque/comunidades/comunidades.swf

viernes, 28 de noviembre de 2008

INFÓRMATE


A prensa diaria nun CLICK

sábado, 22 de noviembre de 2008

XOGA COS BOOHBAHS



Este é un espazo para os máis pequeniños. Onde os sons e o colorido das imaxes son do máis cautivador.

martes, 18 de noviembre de 2008

PLANET NEMO

Un planeta para xogar e pasar un bo rato.


http://www.planetnemo.com/uk/accueil.htm#

viernes, 14 de noviembre de 2008

COMO CONSTRUIR UN PERISCOPIO






O periscopio é ese instrumento que empregan os submarinos para poder ver por encima da superficie do mar cando están sumerxidos. Están formados por unha serie de lentes e de prismas ópticos. Nos podemos construir un máis sinxelo cun par de espellos e uns anacos de cartón dalgunha caixa.


Se queredes, podedes intentar fabricar un na casa ainda que necesitaredes a axuda dun adulto . Nestas páxinas web hai modelos diferentes, queredes intentalo?



martes, 11 de noviembre de 2008

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Unha super páxina WEB con todo tipo de actividades para todos os niveis de primaria. Agora si que non tendes excusa para repasar e practicar as matemáticas.

GRADO 56


Aquí podedes competir en equipo cun concurso de preguntas sobre mates, lingua, desinglés, cultura,... Atrevédesvos?

LAS LETRAS DEL FARAÓN


Un xogo de definicións para os máis intrépidos

APRENDE A CONTAR

Aprende a contar do 0 ó 9 con esta sinxela aplicación.

lunes, 10 de noviembre de 2008

POISSON ROUGE



Este peixiño qué divertido é!

Entra e verás que ben o pasas!

jueves, 6 de noviembre de 2008

O MAGOSTO 2008


O venres 7 de novembro celebramos no cole a festa do MAGOSTO. Traede castañas para asar e unha bebida para que baixen pola gorxa!

Non vos esquezades de escribir unha receita a base de productos de outono. Se non coñecedes ningunha sempre podedes buscala aqui.
WEBS DO MAGOSTO:

SAMAÍN VERSUS HALLOWEEN


Celebra o teu



SAMAÍN





Aquí tendes moreas de debuxos terroríficos para imprimir e colorear. Pasádeo ben!

miércoles, 5 de noviembre de 2008

BLOG DO PROFE JESÚS

Hoxe preséntovos o BLOG DE JESÚS. Foi grazas a él que entrei neste mundo dos blogs. Seguro que vos engancha, xa que ten moitas actividades para que practiquedes inglés.

miércoles, 29 de octubre de 2008

LOITA OLÍMPICA


O luns 27 de outubro , viñeron ó colexio dous técnicos da FEDERACIÓN DE LOITA OLÍMPICA para unhas sesións de mostra cos rapaces e rapazas de 3º a 6º para que coñezan como é este deporte. O éxito foi grandísimo!!!!.

Grazas ó profe Gustavo por convidalos.!!

miércoles, 22 de octubre de 2008

CANCIÓN "SAMBA LELÉ"

Esta é unha das cancións que escoitachedes no conto " O RODABALLO CON BOTAS"


SAMBA LELÊ



Samba Lelê está doente
Está coa cabeça quebrada
- Samba Lelê precisaba
e deuma boa lambrada
Samba, samba, samba ó Lelê
Pisa na barra da saia, o Lelê!

O RODABALLO CON BOTAS

O mércores 22 de outubro os alumnos/as de 4º, 5º e 6º foron o Teatro Caixanova de Vigo, para escoitar o conto musical "O rodaballo con botas": adaptación do conto de Charles Perrault, "O gato con botas" e interpretado polo conxunto vocal Campus Stellae.

Noticia: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion_activ.php?lang=cas

Canción: "O rodaballo"




Canción: "O voso galo comadre"



Conto: (Texto: Martín Viaño, traduccións: Alba Blanco) Adaptación.
O Rodaballo con Botas:
Era asi desta volta un afíador de Coristanco que deixou, como única herdanza aos seus tres fillos anles de morrer, unha valiosa pedra de afiar, unha frauta de pan homologada polo colexio oficial de afiadores de Coristanco amáis dunha particular e húmida mascota, un auténtico e xenuino rodaballo de piscifactoría. O reparto foi beri simple: non se precisou chamar nin a avogados nin a notarios pois terian consumido todo o pobre patrimonio do afíador.
O fillo maior recibiu a pedra de afiar, o segundo quedou coa frauta e ao pequeño tocoulle o famoso rodaballo,
Este laiábase da súa misera herdanza:
-Os meus irmáns -dicía- poderán gañar a vida convenientemente traballando xuntos; pero que vou facer eu!, despois de comer o rodaballo nunha boa parrillada de peixe e de botarlle as sobras as galiñas, morrerei de fame.
O rodaballo, que escoitaba estas verbas, facéndose o tolo, díxolle cun ton serio e pausado:
-Non debedes apenarvos, meu Señor, non tendes máis que proporcionarme un saco e un par de botas para andar entre as toxeiras, e veredes que a vosa herdanza non é tan pobre como pensades.
Aínda que o dono do rodaballo non agardase ao respecto grandes esperanzas, tiñalle visto dar tantas mostras de axilidade para pescar luras, cocinar bogavantes ou navegar pola internet, que non desesperou de verse socorrido por el na súa miseria. Era un rodaballo ben particular, o único no mundo quen de sobrevivir fóra do seu medio natural.
Cando o rodaballo acadou o que tiña pedido, calzou as botas, tirou o saco ao pescozo, amarrou as cerdas as aletas dorsais, e dirixiuse ao galifieiro dun vecino ;-, doce fogar dunha chea de galos impacientes por cacarexar con algunha moza ben espelida. Puxo fariña e graos de millo no saco e facéndose pasar por unha galiña. tendido no chan como se estivese morto, agardou a que algún pobre galo, pouco coñecedor aínda das astucias deste mundo, viñera meter o peteiro na bolsa para comer o que había dentro. Non ben se tiña deitado, cando se viu satisfeito. Mentres un aparvado galo se metía no saco, o mestre rodaballo, tirando das cordas, encerrouno sen misericordia mentres cantaba,
Moi orgulloso coa súa presa, marchou onda o Rei Portugués e pediu falar con el. Chamábanlle así porque casara cunha fermosa campesina do Portugal que coñecera nunha das súas múltiples viaxes ao país vecino. Por desgraza. a súa dona finara había tres anos por unha fatal indixestión despois de ganar un concurso gastronómico. A pobre foi quen de comer 40 sardiñas en so tres horas... O rodaballo non soportaba as sardinas. Fixérono subir aos apousentos da Súa Maxestade onde, ao entrar, facendo unha grande reverencia ante o rei, cantaba algo como isto...
O rodaballo sabia que aquel pequeño aloumiño musical aledaría enormemente ao Rei portugués, era a peza preferida da súa defunta muller.
-Tome aquí, Maxestade, un galo de curral que o señor Marqués de Samarugo (era o nome que inventou para o seu dono) me encargou para agasallalo da súa parle.
-Dille ao teu dono -respondeu o Rei- que lle estou moi agradecido por tan magnífico presente. Noutra ocasión, escondeuse entre o millo dunha leira, e deixou o seu saco aberlo; cando nel entraron dúas perdices, tirou das cordas fortemente para cázalas ben cazadas. Foi de seguido a ofrendarllas ao Rei, tal e como fixera co galo de curral. O Rei recibiu lamen con agrado as dúas perdices, e ordenou que lle desen de beber.
O rodaballo seguiu, durante dous ou tres meses, levando produtos de caza ao Rei, presuntamente ofrecidos polo seu dono. Un dia soubo que o Reiiría a pasear as ribeiras do río coa súa filla, a máis fermosa princesa xamais coñecida no mundo, e díxolle ao seu dono:
-Se queredes seguir o meu consello, a vosa fortuna está feita: non teredes máis que bañarvos naquel sitio do río que vos mostrarei, e de seguido eu farei o resto.
O Marqués de Samarugo fixo o que o rodaballo lle aconsellou. .¡ sen saber de que serviría. Mentres se estaba bañando, o Rei pasaba por alí. e o rodaballo púxose a berrar con todas as súas forzas:
-¡Socorro, socorro! ¡O señor Marqués de Samarugo está afogando!
Ao oír o berro, o Rei, sacando a cabeza pola portiña da carroza real, recoñeceu o rodaballo que tantas veces lie tina levado caza e ordenou aos seus gardas que acudirán rápidamente a socorrer ao Marqués de Samarugo. En tanto que sacaban do río ao pobre Marqués, o rodaballo -acercándose á carroza- dixolle ao Rei; que mentres o seu dono se estaba bañando, un can da marola levara as súas roupas malia berrar "¡ao ladrón!" con todas as súas fbrzas. O picaro do rodaballo escondéraas debaixo dunha enorme pedra.
O Rei recoñeceu avergoñado que había uns días que lle rescindira o contrato a un dos seus cans gardiáns alegando faltas graves de orde e lealdade á Coroa, pero nas revistas do corazón foi portada incontables veces polos seus romances. as súas festas e o seu inconfesable amor pola Xenebra. Agora estábaselle a atribuir inxustamente un delito que non cometera.
O Rei ordenou de inmediato aos encargados do seu gardarroupa que fosen na busca das máis bonitas vestiduras para o señor Marqués de Samarugo . O Rei fixolle mil atencións, e como o fermoso traxe que lle acababan de dar realzaba a súa figura -xa que era aposto e ben formado- a filla do Rei atopouno moi do seu agrado: bastón que o Marqués de Samarugo lle dedicara dúas ou tres miradas tan respectuosas como tenras e cariñosas ao mesmo lempo, para que ela ficara tolamente namorada.
O Rei quixo que subirá á súa carroza e o acompañara no paseo. O rodaballo, encantado ao ver que o seu proxecto empezaba a resultar, adiantouse, e atopou a uns campesinos que plantaban patacas nunhas térras; díxolles:
-Bos campesinos, se non lle dicides ao Rei que as patacas que estades botando son do Marques de Samarugo, andareivos nas orellas até que vos cheguen aos pés.
Por certo que o Rei preguntou aos campesinos de quen eran esas patacas que estaban botando.
- Son do señor Marqués de Samarugo -dixeron a unha soa voz, posto que estaban asustados pola ameaza do rodaballo.
-Tendes aquí unha fermosa herdanza -díxo o Rei ao Marqués de Samarugo.
-Veredes, Maxestade, é unha térra que non deixa de producir con abundancia cada ano.
O mestre rodaballo, que ía sempre diante, atopou a outros campesinos colleitando e díxolles:
-Boa xente que estades colleitando, se non decides que todos estes campos pertencen ao Marqués de Samarugo, andareivos nas orellas até que vos cheguen aos pés..
O Rei, que pasaba momentos despois, quixo saber a quen pertencían os campos que estaba vendo.
-Son do señor Marqués de Samarugo, contestaron os campesinos, e o Rei novamente se aledou co Marqués.
O rodaballo, que ía diante da carroza, dicía sempre o mesmo a todos cantos atopaba polo camino; e o Rei estaba moi asombrado coas riquezas do señor Marqués de Samarugo.
O mestre rodaballo chegou finalmente até un maxestoso castelo. O seu dono era un Congro da ría de Corcubión, o máis rico que endexamais se tina visto, pois todas as térras por onde pasaran eran dependentes deste castelo.





O rodaballo, que tivo a precaución de informarse acerca de quen era este congro e do que sabía facer, pediu falar con el, dicindo que non quixera pasar tan preto do seu castelo sen ter a honra de facerlle unha reverencia. O congro recibiuno na forma máis cortés que pode facelo un congro de ría e convidouno a descansar.
-Téñenme asegurado -dixo o rodaballo- que tiñades a capacidade de convertervos en calquera clase de animal; que podiades, por exemplo, transformar vos nun porco ou nun xabaril .
-É certo -responden o congro con brusquidade- e para demostralo veredes como me conveno nun atractivo porco vietnamita.
O rodaballo quedou lan abraiado ao ver un porco diante del que deu un chimpo e subiu a unha cadeira feita con madeira de carballo do século XVIII, a preferida do congro. non sen pena nin risco por mor das botas que nada axudaban para saltar.
Algún tempo despois, vendo que o congro recuperara a súa forma orixinal, o rodaballo baixou da cadeira e confesou que nunca antes pasara tanto medo.
-Ademáis tamén me teñen asegurado -dixo o rodaballo- aínda que me resulta difícil de crer, que vos tamén tedes o poder de adquirir a forma da máis pequeña criatura do mundo animal; por exemplo, que podedes convertervos nun verme, nunha araña ou nun piollo; confésovos que iso me parece imposible.
-¿Imposible? -replicou o congro- xa veredes; teño un coñecido grilo veneciano que se dedicaba a cortexar as máis fermosas princesas dos reinos do norte de Italia, chamábase Don Giovanni... e ao mesmo tempo transformouse nun grilo que se puxo a cantar e a dar brincos por todo o chan do Gran Salón.
Nada máis velo, o rodaballo botouse enriba del, esmagouno co seu espallado corpo e papouno sen dificullade algunlia.
Namentres, o Reí, que ao pasar por ali viu o fermoso castelo do congro, quixo entrar. O rodaballo, ao escollar o ruido da carruaxe que atravesaba a ponte levadiza, correu diante e díxolle ao Rei:
-Vosa Maxestade sexa benvida ao castelo do señor Marqués de Samarugo.
Como, señor Marqués -exclamou o rei- este castelo tamén vos pertence! Nada hai máis maxestoso que este patio e todos estes edificios que o rodean; vexamos o interior, por favor.
O Marqués ofreceu a man á Princesa, e seguindo ao Rei -que ¡a prímeiro- entraron nunha sala onde atoparon un magnífico banquete que o congro mandara preparar para as súas amigas a lamprea e a anguía que virian a velo ese mesmo día, pero non se atreverán a entrar, ao saber que o Rei estaba alí.
O Rei, encantado coa boa dote do señor Marqués de Samarugo, ao igual que a súa filla, que xa estaba tola de amor vendo os valiosos bens que posuía, díxolle, despois de ter bebido media botella de vino:
-So dependerá de vos, señor Marqués, que sexades o meu xenro.
O Marqués, facendo grandes reverencias, aceptou a honra que lle facía o Rei; e ese mesmo día casou coa Princesa . Foi unha voda ben particular. O máis emotivo: o baile dos noivos ao compás do meneo de Vigo.
O rodaballo converteuse nun renomeado Señor Rodaballo, e xa non volvería a correr o risco de acabar nos fogóns dunha cocina feilo ao forno con fungos e allo confitado.